Eliana B. Collazo

Eliana B. Collazo

Eliana B. Collazo

A necesidade de saber, de aprender, de dar resposta aos por qués para formular novas preguntas levouna a cursar, primeiro, educación social e despois publicidade e relacións públicas. Máis tarde, ampliou estudos no ámbito da igualdade de oportunidades, as TIC’s e a comunicación 2.0. Paralelo ao discorrer formativo foi o discorrer profesional: educadora, axente de igualdade de oportunidades, e, desde fai 10 anos, vinculada a proxectos de alfabetización e capacitación dixital. Foi neste ámbito onde atopou acomodo, ao poder conxugar dúas das súas paixóns: o traballar desde as persoas e as tecnoloxías.
O traballar desde as persoas implica un coñecemento profundo das emocións propias e alleas. As tecnoloxías, pola súa parte, viñeron para quedarse e cambian a un ritmo trepidante, razón pola cal cómpre “convivir con elas”. Coñecelas e usalas simplifica as nosas vidas.

Esta experiencia ensinoulle que cada persoa ten unhas necesidades concretas, precisa dar resposta a unhas dificultades específicas e aprende de modo diferente. Como chegar a cada un/ha e dar solución as súas demandas? Mediante a escoita activa e a atención personalizada, que xunto co acompañamento tecnolóxico constitúen os pilares de EmotionalTic’s, o novo proxecto profesional de Eliana que busca “o empoderamento tecnolóxico das persoas”.

Sexa a título persoal ou profesional. Sexas individuo, asociación ou empresa podes solicitar os seus servizos e coñecer máis de Eliana e EmotionalTic’s mediante calquera destes medios.

686735809
elianabcollazo@gmx.com
@elianabcollazo
Skype: elibouz

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>